ouvea é un estudo creativo de deseño gráfico, publicidade e web centrado na imaxe global de marca, identidade visual e solucións de comunicación para soportes físicos e dixitais.

Contacta

Gran Vía, s/n
Mercado Municipal, Exterior 1
Carballo (A Coruña)

688 981 621

info@ouvea.gal

Carballo na memoria

  • A luz revela a memoria

    Voltar á luz que capturaron as cámaras. Iluminar as lembranzas a través das imaxes.

  • Construción da marca

    A luz é difusa, é unha masa sólida que desaparece a medida que se alonxa no espazo, no tempo. A través desa reflexión créase un símbolo que nace dunha forma triangular que se difumina cara a base. Aprovéitase esa forma para compoñer dous elementos: por un lado, o C de Carballo e, por outro,o icono con dobre frecha que indica retroceder, voltar a un punto anterior concreto. De base, o caracter C. Mimetizado nel, o símbolo de voltar. No interior, a luz.